Ourense soa, é un proxecto pedagóxico desenvolvido ao longo do curso 23/24 polo alumnado de 5º e 6º de Primaria dentro do marco da PDI da Biblioteca Escolar do CEIP de Prácticas de Ourense adicada ás artes na nosa cidade.
Ten como obxectivo dar a coñecer a escena musical de Ourense á comunidade educativa do centro, fomentando a apreciación, o sentido de pertenza e orgullo pola identidade musical local.
O alumnado, por equipos de aula e estilos musicais investigou sobre bandas e artistas locais, realizou entrevistas e creou programas de radio e unha exposición de vinilos nos espazos comúns do centro. A iniciativa tamén procurou desenvolver habilidades de investigación, comunicación e creatividade.
Pódese acceder desde aquí: