Pasaron máis de 40 días... Necesitamos sentirnos un pouco máis preto uns dos outros. A pesar das circunstancias, da distancia, do tempo que pasou, todos e cada un de vós estades no noso corazón e queremos dicírvolo. Ademais, as mensaxes de ánimo e felicitación pola vosa valentía inundan as imaxes que ides ver nun vídeo feito con todo o agarimo do mundo. ÁNIMO!