Skip to Content

Resultados da avaliación diagnóstica curso 2012-2013

Como anos anteriores, chegaron ao centro os resultados da Avaliación de Diagnóstico do curso escolar 2012-2013 (Avaldía), en aplicación da LOE, nos centros de primaria, sobre o grado de consecución das competencias básicas dos alumnos de 4º de Educación Primaria.

As competencias avaliables foron:

  • Competencia matemática
  • Competencia en linguas
  • Competencia de coñecemento do medio.

Unha vez revisados e valorados polo equipo de Coordinación do 2º Ciclo de Educación Primaria deste centro, pásase esta información á Comunidade Educativa

A función fundamental de dita avaliación é servir de orientación aos centros, axudando a mellorar as súas prácticas, á vez que proporciona información orientativa á Administración Educativa. En ningún caso é un instrumento para clasificar aos centros.

Os centros, segundo a enquisa que se lles fai aos pais, de forma anónima, son clasificados en catro niveis en función do índice ISEC (Íncice Social, Económico e Cultural), en catro niveis: baixo, medio baixo, medio alto e alto.

Como resultado desa enquisa, o colexio do CEIP de Prácticas, foi catalogado como un centro no ISEC de medio alto.

O nivel medio de Galicia establécese o nivel medio en 500.

Nunca se deben tomar os datos como se de unhas cualificacións se tratasen, xa que 500 nunca é un 5 de nota.

Tendo en conta a media de Galicia e a media dos outros centros co mesmo ISEC, os resultados acadados deste colexio foron os seguintes:

Táboa avaliación diagnóstica 1

En resumo, O CEIP de Prácticas obtén resultados significativamente mellores ca o seu grupo de ISEC en competencia de Coñecemento do Medio, mellores en Competencia Matemática é máis baixo en Counicación Lingüística.

 

Unha vez valorados estes resultados, respecto cos outros centros co mesmo ISEC, e vendo que en Competencia lingüística é un pouco inferior, aínda que a Valoración que nos dá a enquisa é de non relevante respecto aos centros do mesmo grupo ISEC, o Equipo de Coordinación do 2º Ciclo acorda recalcar naqueles aspectos que máis precisan mellorar.

Para mellor ver, pasamos á táboa específica da Competencia en comunicación lingüística e vemos os aspectos concretos en que se ten que mellorar.

A táboa específica deu estes resultados:

Táboa 2 avaliación diagnóstica

Aínda que os datos en comprensión lectora e en comprensión escrita non os consideran moi relevantes referente aos centros do mesmo ISEC, o equipo de coordinación do segundo ciclo considera que se debe profundizar nestes aspectos para os vindeiros cursos.

En dúas das competencias superamos a puntuación do grupo ISEC polo que nos sentimos valorados. Iso non quere dicir que non debamos mellorar nalgúns aspectos desas competencias e na mesma que valoramos.



page | by Dr. Radut