O xurado do concurso "Os meus avós, mestres da vida", organizado pola Área sanitaria do Sergas de Ourense e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de outorgar os premios ao alumnado cos mellores traballos.
A nosa alumna de 6º B Ariadne López Alonso acadou o Segundo Premio do Terceiro Ciclo de Primaria. Recolleuno acompañada da súa avoa (protagonista do seu debuxo), a súa nai e o seu irmán. Tamén estiveron no acto de entrega a súa titora e a directora do centro.
Todos os traballos están expostos no edificio novo do hospital do CHUO. A participación do noso alumnado foi moi ampla. Noraboa a tod@s!!
O álbum elixido (aid = 246) non ten ninguha imaxe, ou non é público!