Co motivo da conmemoración do 25N, os nenos e nenas de 5° e 6° de infantil puideron disfrutar dun contacontos a cargo da compañía Trinke trinke teatro ofertada desde a Concellería de igualdade.
O RATO CANGURO
O rato Fuco visita hoxe a biblioteca acompañado dun bebé ao que ten que coidar: Chámase Cochin, e é un fillo duns amigos seus que se chaman Lene Marta e Tomás, porcos protagonistas do Contos “Suave y Calentito”, de Bijou Le Ford. Lene Marta traballa fóra da casa e Tomás hoxe non pode atender o pequeno porque ten que ir ao veterinario. Así pois, o rato Fuco é o escollido para facerse cargo de Cochín. Durante a estadía na biblioteca, daralle de comer, lavarao, cambiaralle o cueiro, contaralle contos e mesmo lle cantará un arrolo para o adormecer, demostrando que en Lonxedetodo os coidados son una tarefa compartida por ratos e ratiñas.