Skip to Content

25 NOVEMBRO

Co motivo da conmemoración do 25N, os nenos e nenas de 5° e 6° de infantil e os de 4° de primaria puideron disfrutar dun contacontos a cargo da compañía Trinke trinke teatro ofertada desde a Concellería de igualdade.

O RATO CANGURO (infantil)

O rato Fuco visita hoxe a biblioteca acompañado dun bebé ao que ten que coidar: Chámase Cochin, e é un fillo duns amigos seus que se chaman Lene Marta e Tomás, porcos protagonistas do Contos “Suave y Calentito”, de Bijou Le Ford. Lene Marta traballa fóra da casa e Tomás hoxe non pode atender o pequeno porque ten que ir ao veterinario. Así pois, o rato Fuco é o escollido para facerse cargo de Cochín. Durante a estadía na biblioteca, daralle de comer, lavarao, cambiaralle o cueiro, contaralle contos e mesmo lle cantará un arrolo para o adormecer, demostrando que en Lonxedetodo os coidados son una tarefa compartida por ratos e ratiñas.

AMOR, QUE CORTE (primaria)

Iseo A Moura achega nesta ocasión unha historia que, vindo xa dende Platón, recollen nun libro E. Amenzua e N. Foucart chamado “Una historia fantástica. El amor contado por los niños”. A través desta viaxe á Grecia clásica dende a perspectiva da sexoloxía humanística, reflexionaremos a cerca do que verdadeiramente é o amor, xa que se entendemos ben isto comprenderémonos a nós mesmos/as e aprenderemos a relacionarnos dun xeito respectuoso e gozoso. O sexo fainos diferentes e iso permítenos sentir interese e amor ao diferente a nós mesmas. Esta é a orixe da humanidade. A Moura contrapón esta historia do amor ás demais coa historia dunha sobreira que aprende que o amor comeza nunha mesma e só así consegue curar as feridas que lle causará a relación cos homes. Amor, que corte, son leccións importantes sobre todo o que nos une e nos diferencia a través da narración oral e a manipulación de obxectos.



page | by Dr. Radut