E-LBE.2 é un novoservizo que poderán ofrecer as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos de titularidade da Consellería, integrados no PLAMBE.Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais que enriquecerá as coleccións das bibliotecas escolares cun volume inicial demáis de 3000 títulos que estarán dispoñibles para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (computador, e dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar, para todos os usuarios e usuarias (profesorado, alumnado e familias) que conten con carnet de usuarios das bibliotecas escolares.
Os fondos de E-LBE.2 son variados, actuais e están seleccionados atendendo aos criterios que, en xeral, seguen as bibliotecas escolares galegas.A selección, xestión e control dos contidos, e a súa actualización
coordínanse desde a asesoría de bibliotecas escolares:
-Coleccións con temáticas específicas: aprendizaxe de idiomas, robótica, saúde, nutrición, apoio a materias, acceso a revistas e literatura para todos os ciclos e etapas, entre outras.
-Catálogo intelixente: Recomendacións de lectura a medida que vai coñecendo os gustos dos/as usuarios/as.
-Módulo de accesibilidadepara axudar aos lectores: tipografía específica para dislexia e lectura en audio de todos os libros dispoñibles.
-Lectura en calquera momento e lugar: accesible 24/7 e modalidade de lectura online e offline, o que permite ler sen conexión.
-Acceso desde 6 dispositivosdiferentes e sincronización no último punto de acceso, permitindo tamén ás familias poder disfrutar desta solución.
-Estatísticas de lectura en tempo real.
PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á PLATAFORMA