Skip to Content

Campaña de concienciación sobre o TEA

Con motivo da conmemoración do día mundial do Trastorno de Espectro Autista, o pasado 2 de abril, elaborouse este vídeo xunto co alumnado do IES 12 de Outubro. Unha nova colaboración de Pontes de Igualdade co obxectivo de concienciar á sociedade sobre a importancia do respecto e a convivencia.

EXPOSICIÓN "X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA"

     Aquí vos deixamos a galería coas imaxes dos traballos presentados ao  X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "A VEXETACION EN GALICIA" e un arquivo adxunto coa imaxe da exposción instalada no interior do colexio.

     Como ben podedes comprobar, os traballos presentados son dunha altísima beleza e calidade.

     GIF CONCURSO FOTO

     Moitas grazas a todos e todas por participar.

Álbum: Curso 2022-23 -> Concurso_fotografía

X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

     Un ano máis, comprácenos presentarvos o noso concurso de fotografía. Este curso escolar a temática é: "A VEXETACIÓN EN GALICIA". Tal e como podedes ver no cartel adxunto, a data límite de entrega é o 14 de Abril de 2023. Recordade, é un concurso organizado polo equipo de dinamización da lingua Galega do centro, polo tanto, o idioma a utilizar nos traballos presentados deberá ser o Galego.

Cartel concurso

     Esperamos os vosos traballos. Animádevos a participar.

Aprendemos en Clan: El Debate.

Alumnado do terceiro ciclo de Primaria participou no programa de Clan TV Aprendemos en Clan: El debate.

O tema proposto foi: "Contaminación acústica: ¿cuándo el sonido se convierte en ruido?"

Todo o alumnado de quinto e sexto investigou sobre este tema tratando aspectos como o son, o ruído, cando un son é ruído, o silencio, os efectos da contaminación acústica na nosa saúde e no noso comportamento, a zonas ruidosas e silenciosas do noso centro... Tamén realizaron debuxos tentando representar o son que se escoita nos seus lugares ou situacións favoritas e felices...

Con todo este traballo previo, vinte alumnos/as, representando ás oito clases, participaron na gravación do programa que se desenvolveu o mércores 8 de marzo no pavillón do colexio. Un amplo equipo técnico despregouse para recoller este debate, que será emitido proximamente na canle de televisión. Xa vos informaremos do día e hora!

Algunhas fotos do acontemento...

O álbum elixido (aid = 240) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

8 de marzo - Día Internacional da Muller - Marta Míguez

Durante estes días, para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o alumnado do noso centro traballou nas clases temas de igualdade entre homes e mulleres. Ademais, desde Nadal, estamos a desenvolver un proxecto de estudo do noso barrio chamado "A nosa contorna".

Unindo ambos proxectos, visitounos a atleta ourensá Marta Míguez, campioa de España de lanzamento de xabalina e primeira española nesta especialidade atlética que participou nos Xogos Olímpicos da XXVII Olimpíada celebrada en Sidney (Australia) no ano 2000.

Todo o alumnado do colexio participou nunha conferencia adaptada ao seu nivel na que Marta contou os seus inicios no mundo do deporte, a importancia do deporte para coidar ben o noso corpo e a nosa mente, a súa experiencia no deporte de alta competición, as diferenzas e semellanzas na súa especialidade atlética entre os homes e as mulleres, contou anécdotas das competicións internacionais nas que participou... Mostrou a súa xabalina; as botas con tacos adiante e atrás, tan importantes para transmitir á lanza toda a potencia do lanzamento; as diferentes prendas deportivas que empregou nos mitins internacionais...

O alumnado seguiu as charlas con moito interese e, ao final, Marta aclarou todas súas dúbidas e curiosidades.

Queremos agradecer a Marta Míguez a súa disposición e colaboración co centro. Foi unha extraordinaria experiencia!

O álbum elixido (aid = 239) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA 2023

     Este curso, para conmemorar o día de Rosalía de Castro, traballamos tres poemas do libro de poesía "Cantares Gallegos" da propia autora.

     Nas aulas de educación primaria cada alumno/alumna escribiu un verso do poema traballado nun tira de papel de cor e... cos papeis resultantes, fixemos unha cadeneta na que compuxemos a poesía.

     Nas aulas de educación infantil cada alumno/alumna coloreou unha ilustración de Rosalía de Castro e coas imaxes resultantes elaboramos unha pequena cortina.

     Para dar a coñecer o noso traballo ao barrio da Ponte e homenaxear á autora decidimos pendurar das árbores da Rúa Rosalía de Castro os nosas composicións.

     Este foi o resultado:

PORTADA DÍA DE ROSALÍA

     Esperamos que sexa do voso agrado.

 

Álbum: Curso 2022-23 -> Día de Rosalía

Entroido 22-23

Este curso, o noso Entroido tivo un carácter viaxeiro. Un dos elementos fundamentais no noso barrio, que lle dá vida propia e que o vertebra, é a estación de ferrocarril, agora convertida nunha estación intermodal. De aquí parten moitas persoas de Ourense a destinos insospeitados.

Durante a semana previa ao Entroido, o MECO foi dando instrucións diarias para que nos fósemos equipando convenientemente para a viaxe final.

O venres, cada curso representou unha das tantas culturas do mundo e, encabezados polo grupo de sexto que preparou unha batucada e conducidos até a saída da "estación" polo persoal de Adif e RENFE, desfilaron mostrando un mosaico de cores e formas do máis variado e lucido. Logo houbo baile e... a disfrutar do Entroido!

Unha mostra da saída dos participantes no desfile pódese ver nestas ligazóns:

 

 

O álbum elixido (aid = 236) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Campo a través. Fase final provincial. A Rúa

En primeiro lugar, felicitar a todos e todas os que fixeron o esforzo de acudir ese sábado a máis de 100 km de Ourense.

Os resultados nesta final provincial, que decorreu o sábado 11 de febreiro, no Concello da Rúa (Valdeorras), só se poden cualificar de moi bos.

Por equipos obtiveron medallas e trofeo, subindo ao podio como terceiros: BENXAMÍN MASCULINO. ALEVÍN FEMININO O equipo Benxamín Feminino tamén logrou un meritorio cuarto posto.

As dúas atletas individuais, SARA e NINA, fixeron unha excelente carreira, clasificándose ambas as dúas para o CAMPIONATO GALEGO. No caso de NINA como terceira e MEDALLA no campionato provincial.

Premendo aquí, pódese acceder á galería, onde se ven as fotos a maior tamaño (fai clic na imaxe que queiras).

 

O álbum elixido (aid = 224) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Día da Paz

O día 30 de xaneiro celebramos no cole o Día escolar da non violencia. Logo de traballar nas clases o tema da paz, sensibilizarse sobre o tema das persoas refuxiadas debido a conflitos bélicos ou políticos, cada grupo representou a súa idea nun globo de cartulina que decora o noso centro. Despois do recreo, xuntámonos no patio para escoitar un manifesto elaborado polo alumnado de 6º de Primaria e formar a palabra PAZ. Logo cantamos a canción CONVIVINDO de María Fumaça. Ao rematar, cada grupo soltou un globo para conmemorar o día.

O álbum elixido (aid = 235) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Campo a través. Final comarcal

En primeiro lugar, felicitar a todos e todas os que fixeron o esforzo de acudir ese sábado.

No apartado climatolóxico, tivemos unha mañá fría, pero soleada, boa para as carreiras.

No que atinxe á competición en si, que decorreu o sábado 22 de xaneiro, no Complexo Deportivo de Monterrei, clasificáronse para a Final Provincial de forma individual:

Sara Fernández (Infantil Feminino).

E por equipos, todos eles como segundos clasificados:

BENXAMÍN FEMININO

BENXAMÍN MASCULINO

ALEVÍN FEMININO

Destacar no apartado individual, as medallas de prata de NINA VILLAR en Alevín e SARA FERNÁNDEZ en Infantil, esta última saíndo de primeira e aguantando a posición até a recta final.

Premer na foto para ver a galería.

O álbum elixido (aid = 224) non ten ninguha imaxe, ou non é público!
Distribuir contido


by Dr. Radut