Skip to Content

A nosa chave

O XOGO DE ROI

     Aquí vos deixamos o enlace a un divertido xogo tipo "Quiz" sobre o camiño de Santiago.

      Imaxe xogo de Roi

     Animádevos a xogar. Seguro que o pasades mo ben.

EXPOSICIÓN "FELICITA EN GALEGO" 2021

     Aquí, nesta foto montaxe, están as postais gañadoras de cada unha das aulas do centro. Como podedes ver son todas excelentes e... como non, felicítannos as festas en GALEGO!!!.

               

                

Así de bonita quedou a nosa exposición do centro:

                                      

 

     Premendo AQUÍ podedes acceder a unha galería de imaxes na que atoparedes as exposicións que fixo cada unha das aulas coas postais non seleccionadas para a exposición de centro. Todas elas tamén fantásticas!!!.

3 DE DECEMBRO - OS BOLECHAS E A INTEGRACIÓN

     Nesta entrada deixámosvos un capítulo de "Os Bolechas" no que reflexionan sobre a importancia da integración das persoas con diversidade funcional.

 

     Esperamos que sexa do voso agrado.

 

VÍDEO CONTO "MARUXA" - 25N

     Deixámovos desta volta o vídeo conto "Maruxa". Nesta versión de vídeo, o conto ven acompañado dunha canción de Almudena Janeiro.

     No arquivo adxunto podedes atopar unha ficha didáctica sobre o propio conto.

     Esperamos que vos sexa de utilidade para traballar o 25 de Novembro.

 

 

25 DE NOVEMBRO - DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

     No arquivo adxunto poderedes descargar unha guía de literatura infantil de xuvenil para a igualdade.

                

DÍA MUNDIAL DO NENO E DA NENA

     Aquí vos deixamos un Slideshare cos dereitos dos nenos e nenas elaborado pola biblioteca do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro-Vivero.

 

 
     Esperamos que lle saquedes proveito.

O RAP DO MAGOSTO

    Desta volta penduramos un video coa canción titulado "O rap do Magosto". O autor da canción é o cantante galego Paco Nogueiras. A cantar e bailar se parar!!!!.

     

     Podedes descargar a letra da canción no arquivo PDF adxunto.

MAGOSTO - "HISTORIA DA CASTAÑA"

     Aquí vos deixamos a historia da castaña en doce viñetas contada polo alumnado do CEP de Ventín. Esperamos que vos guste.

 

    

Exposición cabazas de Samaín 2021

Álbum: Curso 2021-22 -> Samaín

VIDEO CONTO "CARABUÑAS"

     Nesta entrada deixámovos dúas versións diferentes, en formato video, do conto "CARABUÑAS". O conto é das autoras Margarita del Mazo e Charlotte Pardi e foi publicado por OQO editora. 

     

 

     Esperamos que gocedes del.

     * Nos adquivos adxuntos podedes ver algunhas adaptacións do conto realizadas por alumnado do noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut