Skip to Content

EXPOSICIÓN OUTONO/SAMAÍN 2023

     Aquí vos deixamos as fotos da exposición cos minimundos creados con elementos do Outono.

     Darlles as GRAZAS ás familias pola súa colaboración e felicitalos pola creatividade nas creacións.

     Podedes acceder á galería de fotos premendo na fotomontaxe ou facendo clic na entrada ao álbum que aparece nesta publicación.

     Esperamos que sexa do voso agrado.

Fotomontaxe Outono Samaín

Álbum: Curso 2023-24 -> Minimundos_outono

Simulacro de evacuación do centro

Hoxe, venres 3 de novembro, tivo lugar no noso centro un simulacro de evacuación segundo as directrices do plan de autoprotección.

Ás 10 h soaron as alarmas de incendio e alumnado, profesorado e persoal non docente seguiron de xeito moi satisfactorio as instrucións establecidas e a evacuación realizouse no tempo previsto. Unha persoa do centro foi designada a chou para interpretar o papel de ferida e seren rescatada polo corpo de bombeiros.

Grazas á excelente participación de toda a comunidade educativa presente no centro e dos servizos de rescate mobilizados, o simulacro foi un éxito!

 

Álbum: Curso 2023-24 -> Simulacro_Evacuación

XORNAL ESCOLAR "A BUXAINA 2023"

     Xa está aquí o XORNAL ESCOLAR deste curso escolar 2023. Esperamos que se do voso agrado.

Extra extra

 

Premio no concurso Os meus avós, mestres da vida

O xurado do concurso "Os meus avós, mestres da vida", organizado pola Área sanitaria do Sergas de Ourense e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de outorgar os premios ao alumnado cos mellores traballos.

A nosa alumna de 6º B Ariadne López Alonso acadou o Segundo Premio do Terceiro Ciclo de Primaria. Recolleuno acompañada da súa avoa (protagonista do seu debuxo), a súa nai e o seu irmán. Tamén estiveron no acto de entrega a súa titora e a directora do centro.

Todos os traballos están expostos no edificio novo do hospital do CHUO. A participación do noso alumnado foi moi ampla. Noraboa a tod@s!!

O álbum elixido (aid = 246) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Visita a Marcelle - 3º de Primaria

O alumnado de 3º de Primaria visitou Marcelle, en Outeiro de Rei (Lugo) o pasado mércores 24 de maio. Alí puideron disfrutar dunha xornada de educación ambiental coñecendo de cerca animais de diferentes hábitats. Unhas fotiños:

O álbum elixido (aid = 243) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

VÍDEO BIOGRAFÍA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO / LETRAS GALEGAS 2023.

     Aquí vos deixamos unha vídeo biografía de Francisco Fernández Del Riego elaborada polo colexio San Pío X de Ourense.

 

     FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023.

A MIÑA LINGUA GUAPA

     Aquí vos deixamos unha filme elaborado pola Real Academia Galega no que se relata a fascinante historia do nacemento dun idioma especial como ningún outro.

 

     Esperamos que sexa do voso agrado.

Programa El Debate Clan TV - Contaminación acústica

O vindeiro venres, 28 de abril, ás 11:30 h, na canle de RTVE ClanTV, no programa El Debate, emitirase a gravación realizada no noso colexio titulado: "Contaminación acústica. ¿Cuándo un sonido se convierte en ruido?". Esperamos que vos guste!

Actualización:

O programa xa está subido na plataforma RTVE Play para poder velo, se non o puidestes facer en directo.

Preme aquí 

Distribuir contido


by Dr. Radut