"Amiguiños todos / amiguiños xa / os nenos de aquí / e os nenos de alá."
Podedes ver o resto de fotos nesta galería.
Este inverno está sendo ventoso e húmido, mais co noso traballo volvémolo divertido e agarimoso.
No Nadal todo o centro estala en ledicia. O alumnado de infantil é dos que máis goza preparando os adornos, as árbores, os murais... para a festas do inverno. Aquí tedes algunhas mostras dos seus traballos...
Preme para ver a galería completa.
Polo Samaín fixemos cabazas e arañas. Murais con pantasmas, monstros...
E cantamos e bailamos coa cantiga O Samaín de Mamá Cabra que di:
“Hoxe celebramos o Samaín, que noutros sitios chaman Halloween....”
A chegada do outono propiciou a realización de actividades plásticas que reflicten as experiencias sensoriais que nos fai sentir esta estación do ano.
Os froitos tan saborosos...
O poema de Manuel María, O arco da vella, soa así nas voces do alumnado de Infantil de 3 anos.
sentímolo, flash non está dispoñible.
Manuel María escribiu un poema titulado O barco. O alumnado de Infantil de 4 anos recítao así...
O poema Galicia, de Manuel María, soa así nas voces do alumnado de Infantil de 5 anos.
RECUPERA
Sección Bilingües
ALERTA ESCOLAR