Skip to Content

Anexiña perdeuse no souto. Conto

Presentamos o conto colectivo "Anexiña perdeuse no souto" realizado pola totalidade do alumnado do centro desde Infantil ata sexto de Primaria.
Iniciouse no mes de outono e rematouse para a Semana das letras Galegas.
O exemplar único está na entrada da Biblioteca, a disposición de todos e todas.
Ofrecémoslles un vídeo sobre o conto, con locución do alumnado.

Día do Libro

O día 23 de abril celebramos o Día do Libro. Este día e durante toda esta semana, o alumnado realizará diversas actividades arredor desta conmemoración. A nosa biblioteca será o escenario escollido e a lectura de "El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha" convertirase nunha das actividades estrela desta semana.

Así loce a entrada á biblioteca...

 

Novas instalacións

A biblioteca do noso centro dispón de instalacións reacondicionadas. Agora está situada na planta baixa e está divida en dous espazos, un deles dedicado a Educación Infantil. Ofrece servizo de préstamo de libros ao alumnado e servizo de lectura nos recreos. Mirade que acolledora! Agora... a ler!

 

 

 

Álbum: Curso 2017-18 -> Biblioteca

Entrega da cesta de Nadal

Esta tarde tivo lugar no vestíbulo de colexio a entrega da cesta de Nadal á familia que posuía o número gañador. Desexámoslle un Bo Nadal.

Tamén queremos agradecer a colaboración de todas as persoas que mercaron rifas para axudar ao alumnado de sexto a facer realidade a súa viaxe de fin de curso.

Chega o Nadal

O colexio está amosando cada día un fermoso ambiente navideño: tarxetas, bolas de Nadal, abetos, personaxes destas festas...

Aquí tedes un adianto...

Moitas máis fotos, nesta galería...

 

Educación Infantil 2016-2017

Videoclip O Rap da Galiña Azul

Chega o Entroido...

O Entroido vai enchendo pouco a pouco cada curruncho do noso centro. Aquí unha pequena mostra:

Máis fotos nesta galería.

 

Encontro con Manuel Rivas

O martes 14 de febreiro, o escritor Manuel Rivas estivo no noso colexio. Dentro do programa da Concellería de Educación "Encontros co autor", o alumnado de quinto de primaria leu o seu libro "Bala perdida". Rivas explicoulles algúns aspectos importantes da obra así como da marabillosa experiencia que é ler un libro e escribilo. Tamén respondeu as preguntas que a rapazada plantexou sobre o libro e sobre a profesión de escritor. Finalmente, o autor asinou e dedicou cada un dos exemplares. Foi unha bonita experiencia!

Algunha foto máis...

Resultado sorteo da Cesta de Nadal Excursión fin de curso de 6º

Hoxe, luns 19 de decembro, celebrouse o sorteo da cesta de Nadal para axudar ao alumnado de 6º na excursión fin de curso.

Este é o número que resultou escollido a chou... 05982

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut