Skip to Content

Receita da torta de castañas

Vídeo realizado dentro do programa En galego, porfa. Este curso as actividades centráronse no vocabulario da cociña.

Visita da Conselleira de Educación

Hoxe estivo connosco a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. Visitou distintas dependencias do centro, cambiou impresións co profesorado e alumnado e anunciou unha obra de rehabilitación integral que o seu departamento ten previsto realizar.

Máis información, nesta páxina de Consellería de Educación.

Plantamos un horto-xardín vertical no cole

Ola a todos/as:

Os alumnos/as de Ed. Infantil, na derradeira semana do mes de abril, plantamos un hort-xardín vertical.

Fixémolo coincidir coa celebración da Festa do Libro no noso cole.

Que ben o pasamos!!!

Que fermoso quedou!!!

Agora... A disfrutalo, coidalo e respectalo.

GRAZAS

Álbum: Curso 2018-19 -> Non dispoñible

O casamento do piollo e a pulga. Letras Galegas 2019

Cantiga recollida por Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019, no "Cantigueiro de Cotobade". O grupo Migallas compuxo esta canción:
 
 

 

Día de Rosalía 2019

Día da árbore e da auga 2019

O alumnado de 3º e 4º de Primaria conmemorou o Día da árbore e da auga o pasado venres 22 de marzo.

A semana tivo como remate a plantación dunha árbore. Previamente, entre todos e todas decidiron inventarlle un nome: Talismán silvestre.

Logo realizaron a plantación tal e como se pode ver nesta galería de fotos.

 

O álbum elixido (aid = 164) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Día de Rosalía 2019

O venres, día 22 de febreiro, celebramos no colexio o Día de Rosalía (este ano cadra en domingo). Anteriormente, o alumnado traballou dúas cancións musicadas: unha sobre Rosalía pequeniña, destinada a Infantil; outra, sobre o poema "Alborada", para Primaria.
Entre outras actividades, debuxos sobre os poemas e o venres, ás 11:30 h, representantes de cada curso recitaron os poemas para todo o alumnado.

O álbum elixido (aid = 157) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Libro de apócemas. Samaín 2018

Aquí tedes o noso Libro de Apócemas creado durante o outono de 2018, polo Samaín.

Tamén podedes velo a xeito de vídeo.

A Buxaina 2018

A Buxaina 2018, revista recén saída do "forno" á disposición da comunidade educativa.

 

Anexiña perdeuse no souto. Conto

Presentamos o conto colectivo "Anexiña perdeuse no souto" realizado pola totalidade do alumnado do centro desde Infantil ata sexto de Primaria.
Iniciouse no mes de outono e rematouse para a Semana das letras Galegas.
O exemplar único está na entrada da Biblioteca, a disposición de todos e todas.
Ofrecémoslles un vídeo sobre o conto, con locución do alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut