Skip to Content

Entroido

Chega o carnaval!

non podemos desfilar,

pero ben o imos pasar

porque o Meco nos ha mandar.

Cada día unha cousa diferente

a escola traerei

coidando a hixiene

   que ben o pasarei!

 

Charlas de 6º

Os nosos nenos e nenas de 6º recibiron dúas charlas: unha de habilidades sociais e outra de resolución de conflitos. Agora a aplicar o aprendido.

30 de xaneiro - Día da Paz

A celebración do Día da Paz contou coa realización de varias actividades en cada clase e conxuntas.

Ademais das actividades desenvolvidas en cada titoría, os días 27, 28 e 29 de xaneiro, o alumnado desde Infantil a 6º de Primaria dos grupos A recitou poesías alusivas ao tema a través da megafonía interior durante as horas de ler.

O equipo de biblioteca seleccionou unha escolma de libros sobre a paz que presentou no expositor ao carón dos murais.

Soou a canción "Quérote máis" e entre todo o alumnado do colexio realizáronse estes fermosos murais.

Álbum: Curso 2020-21 -> Día da Paz

Deixa o bo por dentro

Fotos de grupo no vestíbulo

O álbum elixido (aid = 201) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Fotos de grupo cos Reis Magos

O álbum elixido (aid = 202) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Postais de Nadal

Este ano o concurso de postais de Nadal, organizado polo ENDL do colexio, desenvolveuse coa mesma dinámica doutros cursos, pero non se mostraron nas paredes do diferentes corredores; só unha selección delas no vestíbulo:

Álbum: Curso 2020-21 -> Nadal_Postais

Decoración de Nadal

O centro engalanouse para recibir o Nadal coa colaboración das familias da nosa comunidade educativa.

 

Álbum: Curso 2020-21 -> Nadal_Decoracion

Ecopercusión - Batucada

O venres 3 de decembro tiveron lugar no noso colexio varios obradoiros de percusión nos que participou o alumnado de 6º de primaria. O obxectivo era tomar contacto, a través de diferentes obstinatos, con ritmos propios das batucadas. Utilizando bidóns de diferentes tamaños realizaron esas polirritmias con diferentes timbres nunha obra musical cuxa palabra máxica era ECOPERCUSIÓN. Os resultados foron moi satisfactorios tanto a nivel de desenvolvemento da actividade como polo resultado final.

O álbum elixido (aid = 200) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro de 1960 acabouse coa vida das tres irmás Mirabal, coñecidas como "as tres bolboretas".

Agora ese día conmemórase o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero".

Hoxe no noso cole tamén conmemoramos esta data facendo dous murais coas bolboretas feitas polos nenos e nenas do cole.

Voade bolboretas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut