Skip to Content

Blog-Infantil

Día do Libro en quinto de Infantil

O 23 de Abril celebramos o "Día do Libro" e os alumnos de quinto de Educación Infantil ilustramos o noso basado nun poema que Xosé María Alvarez Blázquez lle adicou aos animais.

 

Pódense ver máis fotos na galería.

 

Inverno en Infantil 2014-2015

O inverno trouxo choiva, neve e frío.

Aprendemos cantigas desta estación, vocabulario sobre os fenómenos atmosféricos, a roupa...

Fixemos murais, bonecos de neve con plastilina e outros materiais...

 

 

 

Nadal 2014 - 2015

 

Ilusionados preparamos a chegada do Nadal con murais, debuxos e grilandas...

 

Participamos no concurso de Postais de Nadal....

 

Preparamos unha carta para entregar aos Reis Magos, que nos fixeron unha visita...

 

 

Tamén apareceu o Apalpador, do que empezamos a coñecer a súa historia.

Todos aprendimos a panxoliña “Campaíña”.

Para ver máis fotos, visitade a galería do Nadal 2014-2015.

 

Magosto Infantil 2014-2015

Celebramos o día 10 de novembro a festa do magosto típica de Ourense que coincide coa festividade do San Martiño.

 

 

Fixemos murais, adornos , debuxos. Aprendimos cantigas do magosto.

 

 Cada neno salvou da fogata dúas castañas que plantamos en vasiños e que coidaremos para estudar o proceso de crecemento dun castiñeiro.

 

Disfrutamos cos xogos populares...

 

Rematamos a xornada coa degustación de castañas asadas e un bolo preñado.

 

 

Podedes ver máis fotos nesta galería.

 

 

 

 

 

O Samaín en Infantil 2014-2015

 

Co Samaín enchemos os corredores e as aulas de pantasmas, vampiros, esqueletos, meigas...

 

 

Realizamos actividades para aprender o significado de palabras como Samaín, pantasma, meiga, vampiro...

 

Palabras como cabaza ou esqueleto tamén as empregamos moito...

 

Así de guapas e guapas estabamos diante dos murais dos corredores ou nas clases para mostrar os nosos adornos...

 

Se queredes ver máis fotos, visitade a galería do Samaín 2014-2015.

 

 

 

O Outono 2014 - Infantil

O outono chegou con sol para despistar e puidemos ir ao parque cos nosos amigos. No cole observamos en imaxes no encerado dixital as cores das que se vai vestindo esta fermosa estación. Logo de traballalas nas aulas, identificámolas ao natural. Despois fixemos as nosas composicións murais e degustamos froitos desta estación.

 

Hai máis imaxes nesta galería.

A ponte romana

Símbolo por excelencia da cidade de Ourense, fixemos unha breve investigación sobre a Ponte Romana que rematou con estes fermosos debuxos feitos por nós.

Máis fotografías nesta galería...

A primavera

Coa chegada da primavera animámonos a facer actividades onde expresamos o aprendido desta estación do ano: saen as flores, hai bolboretas, os paxariños crían nos niños, pomos outra vestimenta, saímos ao campo… Velaquí unha mostra dos murais feitos.

 

 

Entroido en Infantil

No Entroido tivemos unha festa de disfraces moi divertida, non faltaron as bruxas, os superheroes, vampiros, princesas, raíñas e animais… deste xeito desfilamos polo patio ao son da música para ledicia dos nosos pais e avós que nos viñeron ver e fixeron moitas fotos.

Ao outro día fixemos estes debuxos do guapos/as que iamos.

 

Podedes ver máis debuxos nesta galería de fotos.

A vendima

Dentro dos nosos traballos do outono, falamos da vendima e Martiño Fernández Rodríguez (A-2), de tres anos, explicoulle aos compañeiros como o seu avó Luis fai a augardente.

Distribuir contido


by Dr. Radut