Skip to Content

Novas

Bo Nadal e feliz 2017

As clases comezarán o luns 9 de xaneiro de 2017 ás 9:00 h.

Presentación do curso 2016-2017

Benvidos/as ao curso 2016-2017

A relación do profesorado que desempeñarán as súas funcións este curso pódese consultar nesta listaxe.

Día de Titoría / atención Nais/Pais:

Todos os martes en horario de 16h - 17h.

Datas de entregas dos boletíns de avaliación:

Primeiro Trimestre:................ 21 de decembro de 2016

Segundo Trimestre: ............... 7 de abril de 2017

Terceiro Trimestre: ............... 23 de xuño de 2017

Recomendacións:

  • Deixar as zonas das filas só para as nenas e os nenos.
  • Ser puntuais.
  • Xustificar as faltas de asistencia.
  • Na medida do posible, tratar de que o neno disfrute dun ambiente familiar relaxado e tranquilo.
  • Interesarse sempre polo seu traballo e preguntarlle sobre as actividades do colexio.
  • Valorar os traballos escolares.
  • Axudarlles a ser autónomos.
  • Comunicar ao titor ou á titora calquera incidencia.

Calendario Escolar: Pode consultar o calendario premendo nesta ligazón.

DÍAS NON LECTIVOS E VACACIÓNS   

 Día do Ensino

 Día 31 de outubro de 2016

 Vacacións de Nadal

 Do 22/12/2016 ao 06/01/2017(ámbolos dous inclusive)

 Festas do Entroido

 Días 27-28 de febreiro e 1 de marzo de 2017

 Semana Santa

Do 10 ao 17 de abril de 2017(ámbolos dous inclusive)

 Día pedagóxico

 2 de maio de 2017

Conmemoracións:

CONMEMORACIÓNS
Día Universal da Infancia 20 novembro 2016
Día Internacional contra a violencia de xénero 25 novembro 2016
Constitución e Estatuto de Autonomía de Galicia Do 1 ao 11 decembro 2016
Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos Día 10 decembro 2016
Día Escolar da non violencia e da Paz Día 30 xaneiro 2017
Día Internacional da Muller Día 8 marzo 2017
Día Mundial dos Dereitos do Consumidor Día 15 marzo 2017
Semana da Prensa Do 6 ao 10 marzo 2017
Día Mundial da Saúde Día 7 abril 2017
Semana do Libro Entre o 17 e o 21 abril 2017
Día de Europa Día 9 maio 2017
Semana das Letras Galegas Do 9 ao 17 maio 2017
Día Mundial do Medio Ambiente Día 5 de xuño 2017

Documentos do Centro a disposición das familias

A Secretaría do Centro pon a disposición das familias diferentes modelos de xustificantes, autorizacións e demais para descargar, cubrir e entregar no colexio.

Os ficheiros están en O CENTRO -> Secretaría -> Documentos

Tamén poden premer aquí.

Felicitación de Nadal

O Equipo Directivo, o Claustro de Profesorado e todo o persoal que traballa no CEIP de Prácticas de Ourense

desexámoslle a toda a Comunidade Educativa do centro...

 

 

O xoves 8 de xaneiro de 2015 comezan as clases...

 

Recursos LIM sobre o Samaín

Á vosa disposición temos uns recursos LIM para o Samaín para Infantil e Primeiro Ciclo. Pódense atopar na sección Actividades Complementarias.

Calendario escolar curso 2014-2015

Publicado no DOG o calendario escolar para o curso 2014-2015.

Prema nesta ligazón.

Resultados da avaliación diagnóstica curso 2012-2013

Como anos anteriores, chegaron ao centro os resultados da Avaliación de Diagnóstico do curso escolar 2012-2013 (Avaldía), en aplicación da LOE, nos centros de primaria, sobre o grado de consecución das competencias básicas dos alumnos de 4º de Educación Primaria.

As competencias avaliables foron:

  • Competencia matemática
  • Competencia en linguas
  • Competencia de coñecemento do medio.

Unha vez revisados e valorados polo equipo de Coordinación do 2º Ciclo de Educación Primaria deste centro, pásase esta información á Comunidade Educativa

A función fundamental de dita avaliación é servir de orientación aos centros, axudando a mellorar as súas prácticas, á vez que proporciona información orientativa á Administración Educativa. En ningún caso é un instrumento para clasificar aos centros.

Os centros, segundo a enquisa que se lles fai aos pais, de forma anónima, son clasificados en catro niveis en función do índice ISEC (Íncice Social, Económico e Cultural), en catro niveis: baixo, medio baixo, medio alto e alto.

Como resultado desa enquisa, o colexio do CEIP de Prácticas, foi catalogado como un centro no ISEC de medio alto.

O nivel medio de Galicia establécese o nivel medio en 500.

Nunca se deben tomar os datos como se de unhas cualificacións se tratasen, xa que 500 nunca é un 5 de nota.

Tendo en conta a media de Galicia e a media dos outros centros co mesmo ISEC, os resultados acadados deste colexio foron os seguintes:

Táboa avaliación diagnóstica 1

En resumo, O CEIP de Prácticas obtén resultados significativamente mellores ca o seu grupo de ISEC en competencia de Coñecemento do Medio, mellores en Competencia Matemática é máis baixo en Counicación Lingüística.

 

Unha vez valorados estes resultados, respecto cos outros centros co mesmo ISEC, e vendo que en Competencia lingüística é un pouco inferior, aínda que a Valoración que nos dá a enquisa é de non relevante respecto aos centros do mesmo grupo ISEC, o Equipo de Coordinación do 2º Ciclo acorda recalcar naqueles aspectos que máis precisan mellorar.

Para mellor ver, pasamos á táboa específica da Competencia en comunicación lingüística e vemos os aspectos concretos en que se ten que mellorar.

A táboa específica deu estes resultados:

Táboa 2 avaliación diagnóstica

Aínda que os datos en comprensión lectora e en comprensión escrita non os consideran moi relevantes referente aos centros do mesmo ISEC, o equipo de coordinación do segundo ciclo considera que se debe profundizar nestes aspectos para os vindeiros cursos.

En dúas das competencias superamos a puntuación do grupo ISEC polo que nos sentimos valorados. Iso non quere dicir que non debamos mellorar nalgúns aspectos desas competencias e na mesma que valoramos.

Inicio do curso 2013-2014

DÍA COMEZO DAS CLASES11 de setembro de 2013

ENTRADA

  • Patio do Colexio
  • O alumnado de TRES ANOS entrará pola porta principal do centro.

HORARIO:

  • EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA : DE 9 HORAS ATA AS 14:00 H.
  • EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS): DE 10:00 HORAS ATA AS 11:00 H.

O día 11 non haberá ATENCIÓN TEMPERÁ, pero SI haberá SERVIZO DE COMEDOR. Os pais/nais que solicitaran estes servizos deberán pasar polo centro para confirmalos antes do día 10.

Calendario escolar Curso 2013-2014

Distribuir contido


by Dr. Radut