Skip to Content

PDI A arte

Espazo de Arte - PDI A arte - E. Infantil

A Música en Ourense -PDI A arte - 3º Ciclo de Primaria

O alumnado de 5º e 6º de primaria, dentro do PDI A Arte, desenvolveu un traballo de investigación sobre a escea musical ourensá actual. Unha das actividades programadas é unha exposición de vinilos relacionados cos intérpretes e agrupacións investigados. Situámola no terceiro andar, á disposición da comunidade educativa.

 

Álbum: Curso 2023-24 -> PDI_Música_5-6

A Pintura - PDI A arte - 4º Primaria

O alumnado de 4° ten moi claro cal é o cadro da súa vida. Investigaron sobre el e analizaron: a técnica, a temática, o movemento artístico e o autor. Se subes ao segundo andar, atoparás unha pequena mostra da historia da pintura. Cal sería o teu??

Álbum: Curso 2023-24 -> PDI_Pintura_4

A arte rupestre - PDI A Arte - Primeiro Ciclo de Primaria

Os nenos e nenas de primeiro e segundo curso viaxamos ao pasado para indagar sobre a vida dos humanos na Prehistoria e concretamente sobre a arte rupestre. Descubrimos que se adicaban a pintar e debuxar animais, escenas de caza e da vida cotiá. Tamén, que descubriron o lume e que fabricaban armas e utensilios para as súas necesidades básicas.
Este foi o resultado final da nosa investigación.

Álbum: Curso 2023-24 -> PDI_Arte_Rupestre_1-2

Esculturas de Ourense - PDI A arte - 3º Primaria

As nenas e os nenos de terceiro de primaria desenvolvemos un traballo de investigación sobre a escultura na nosa cidade, dentro do PDI A arte.

Distribuidos por equipos, indagamos sobre unha estatua famosa: onde se atopa, autor/a, orixe, técnica empregada, curiosidades...

Tamén fixemos unha réplica en miniatura das estatuas investigadas con distintos materiais. Aquí está o resultado!

 

 

Álbum: Curso 2023-24 -> PDI_Escultura_Ourense_3

Encontro do alumnado de 6º Primaria co escritor Xabier Domínguez

O martes 23 de abril, Día do Libro,  Xabier Domínguez, escritor, profesor e editor, desenvolveu un encontro co alumnado de 6º de Primaria no salón de actos do centro. Foi estupenda a coincidencia da conmemoración e do encontro co autor.

Durante o segundo trimestre traballamos a lectura libro "Segredos soterrados" de Alba de Evan e Xabier Domínguez.

O escritor explicounos o proceso de creación dun libro con dous autores, a importancia da industria da edición para xerar riqueza e emprego e falou de detalles sobre as dúas historias que conforman a acción: unha con bases históricas e outra coa fantasía necesaria para atraer aos lectores.

Despois de responder as preguntas dos lectores, Xabier asinou os exemplares de cada un. Un encontro moi especial!

Álbum: Curso 2023-24 -> Visita_Xabier_Dominguez

O alumnado de 3ª de Primaria visita a Comisaría de Policía

O alumnado de terceiro de primaria visitamos a comisaría da Policía Nacional. Coñecimos o museo, montamos nos vehículos policiais, subimos ao heliporto……
Pasamos unha mañá estupenda.

Álbum: Curso 2023-24 -> Visita_Comisaría_3P

Información sobre o Punto Laranxa

O Punto Laranxa físico está no vestíbulo de entrada ao centro. O Punto Laraxa dixital está nesta web, na columna da dereita, debaixo do Calendario.

 

Vida - Portas Abertas 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut