Skip to Content

"OS MARABILLOSOS DE RISCO" por Inma Soto

     O día 30 de Setembro Inma Soto levou a cabo a actividade "Os marabillosos de Risco" dirixida ao alumnado de 3º curso de educación primaria do noso centro.

     Agradecer á fundadación Vicente Risco por pensar no noso centro para realizar esta actividade no 140 aniversario do nacemento do intelectual galego.

    Aquí vos deixamos unha pequena montaxe da actividade.

Montaxe Risco

Guía de uso seguro de Internet e redes

Horario Entradas e Saídas curso 2024-2025

Horario do comedor durante o curso 2024-2025

Primeiras informacións do curso 2024-2025

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO 2024/2025

 
MARTES, 3 DE SETEMBRO

  •  Expostas no taboleiro do centro as listas do alumnado por curso, grupo e titor/a. Recordamos que pola Lei de protección de datos non se poden sacar fotos aos listados.

REUNIÓNS DE TITORÍA

CONVOCAMOS ás familias de Educación Infantil  a unha reunión de titoría segundo o seguinte cadro. Deberán traer o material escolar segundo as instrucións da lista publicada na web, agás o que se especifica que se pedirá no mes de setembro despois desta reunión xeral.

Martes, 10 de setembro
16.30 h  
4º, 5º e 6º de Ed. Infantil 
Na súa respectiva aula, entrada pola porta principal 

 

As reunións de pais/nais de Educación Primaria serán convocadas polos titores/as ao longo do mes de setembro.

Os ordenadores do Proxecto E-Dixgal para o alumnado de 5º de Primaria serán entregados ao alumnado polos respectivos titores/titoras durante os primeiros días de clase, unha vez as familias asinen o acordo de cesión para o préstamo dos mesmos.

 

USUARIOS COMEDOR
Os pais/nais/titores que solicitaron o servizo de comedor/madrugadores/almorzo deberán confirmar a asistencia ao mesmo e indicar o día de comezo ao enderezo de correo comedorceippracticas@gmail.com, ou ao tfno.626682332, antes do día 7 de setembro.

 
COMUNICACIÓN COA ANPA
Durante o presente curso 2024-2025, a comunicación coa ANPA realizarase do seguinte xeito:

- Para recibir información: App ANPA PRÁCTICAS OURENSE

- Para contactar: enderezo correo electrónico anpa.practicas.ourense@gmail.com

- Teléfono: 654026112

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA

Publicaranse a partir do martes 3 de setembro, na App ANPA PRÁCTICAS OURENSE

Comezo de curso 2024-2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2024

     Aquí vos deixamos algunhas propostas de lectura para este verán. Animádevos a compartir un momento do día cun libro.

 


 
     BO VERÁN A TODOS E TODAS!!!!
Distribuir contido


by Dr. Radut