Skip to Content

ERASMUS+

 

PROA+

EDUEXCHANGES

PLAMBE

FONDOLIBROS - LISTAXES PROVISIONAIS

Xa están publicadas as LISTAXES PROVISIONAIS de admitid@s e excluíd@s do Fondo de libros que poderán consultarse no taboleiro do centro, ou a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. Non se publicarán na web, debido á lei de protección de datos.

O prazo de reclamación a estas listaxes abrangue os 2 días, hábiles, seguintes á publicación.

As listaxes definitivas serán publicadas o 3 de xullo. A súa consulta será igual que nas listaxes provisionais.

A entrega @s beneficiari@s dos VALES para a adquisición de libros de texto e/ou material será os días 3, 4 e 5 de xullo, en horario de secretaría, de 9:30 a 11:30 (Non hai que pedir cita).

Os vales que non sexan entregados nestas datas poderán recollerse en setembro. 

No caso de non poder asistir os titores legais á recollida do vale, poderán autorizar a outra persoa que terá que traer a autorización e a copia do DNI da persoa que autoriza e da persoa autorizada

A entrega dos libros correspondentes ao fondo farase en setembro, nos primeiros días de clase.



story | by Dr. Radut