O alumnado de 3º de Educación Primaria fixo un traballo co motivo da celebración do día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro, relacionado coa horta.
Recitaron o poema "Miña casiña, meu lar" que é un poema a través do cal, Rosalía de Castro, deixa constancia das duras condicións de vida que tiñan que sufrir.
A poetisa explica como a protagonista deste poema trata de saciar a súa fame pedindo algúns alimentos aos seus veciños, que lle negan a axuda, polo que termina buscando entre o pouco que ten en casa os ingredientes para cociñar un humilde caldo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
A LITERATURA GALEGA E A HORTA.mp4 | 140.65 MB |