Skip to Content

O empoderamento das elefantiñas

Celebramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller cunha sesión de contacontos.

Na aula de Educación Infantil escoitamos, reflexionamos, propuxemos ideas... coa lectura do conto Rosa Caramelo da editorial Kalandraka. Ao tempo que avanzabamos na lectura o alumnado non era quen de comprender as situacións as que eran sometidas as elefantiñas femias no país dos elefantes.

Antes xa de chegar ao desenlace proposto no conto nenos e nenas manifestaron a súa decisión de buscar unha solución, de buscar axuda... xa que esta historia voltaba ser moi parecida a do País dos Mandóns.

Resultou moi gratificante comprobar que o conto traballado no curso pasado O país dos mandóns  no Día Internacional da muller estivese aínda  moi presente na súa memoria.

Poderá ser que o traballo que se está a facer dende as aulas deixe xa unha pegada permanente para acadar o empoderamento das elefantiñas, das nenas, das mulleres...nunha sociedade igualitaria sen ningún tipo de violencia?   



page | by Dr. Radut