Skip to Content

Outras

Outras

XOGOS DE PALMAS, XOGAMOS XUNTOS?

 
Quedamos para xogar?. A pasada semana 28 de Maio, quedamos para xogar cos nosos compañeiros do Proxecto eTwining “Clapping games”. Xa descubriramos que entre os nosos países coincidimos nalgúns xogos , pero esta vez puxémolos en práctica. Temos xogos coa mesma letra e movomentos diferentes coma “Picachu” , xogos cos movementos iguais e diferente letra coma “Toma- tomate”, xogos iguais en letra e movementos coma “Choco, choco, la, la” . Unha experiencia que tardaremos en esquecer!!!
 

AMERICAN BRUNCH

 PARTICIPA TODO O ALUMNADO!!!

American de Silvia

OBRADOIRO IGUALARTE

 O 9 de maio tivemos a sorte de contar con @igualarte para impartir uns obradoiros... un contacontos para os máis pequenos, escola circense e globoflexia para os máis grandes... Pasámolo xenial, pero o mellor foi compartir esta experiencia con persoas con diversidade funcional que nos guiaron nos obradoiros e fixeronnos ver que todas e todos somos capaces! Moi orgullosos de colaborar coa iniciativa de @afundacion_org que pon o valor nas capacidades que todas as persoas podemos ofrecer, e colaborar na capacitación, máis que indispensable das persoas con neurodiversidade... Repetiremos seguro! 

 

 

LECTURA NA RÚA

 

  
 Lectura na Rúa celebrou a súa III edición con máis de mil participantes. A xuntanza       tivo lugar na Alameda de Castelao. Reunímonos 18 centros educativos e dous centros de     día  de Redondela para celebrar e divulgar a  importancia da lectura.
  Tivemos  10 min. de lectura silenciosa e 20 min. de lectura compartida. Ás 11:10h     intercambiamos libremente os marcapáxinas que traballamos durante a semana.. A partir   das 11:45h comenzaron as actuacións musicais da man de Gramola Gominola e Pablo     Ríos DJ quenes remataron o encontro.

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut