SOLICITUDE
|
Cada persoa beneficiaria deberá darse de alta na web www.bonodeporte.gal e indicar a información pedida. Entre esta información figura , a non ser que o alumno/a este federado, o “Identificador Xogade” (Será enviado a través da Aula Virtual do alumno/a na materia de EF).
Opcionalmente, os bonos poderanse solicitar presencialmente na Secretaría Xeral para o Deporte e nos servizos do Deporte das Xefaturas territoriais da Vicepresidencia Primeira e Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes.
|
DESCARGA DO BONO |
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal para a súa descarga polas persoas usuarias dende o 8 de xaneiro de 2024 ata o 29 de febreiro dese ano. Nembargantes, se antes do 29 de febreiro do 2024 se esgota o crédito máximo fixado nesta orde, nese momento remataría o prazo de descarga.
|
VALIDEZ |
Dende a data de descarga do bono ata o 1 de xullo de 2024, salvo esgotamento previo do seu saldo. |
COMPRA |
As persoas beneficiarias deben amosar o seu bono en formato código QR dispoñible nunha APP que permita realizar pagos (Wallet ou similar). O importe final da compra realizada pagarase en efectivo ou con tarxeta.
|
DEVOLUCIÓN DO ARTIGO |
No caso de devolución do artigo comprado, o importe da compra poderá ser cambiado por outra compra de prezo igual ou superior ou por un bono con caducidade de tres meses polo importe correspondente. O establecemento adherido no poderá abonar á persoa consumidora, en ningún caso, cartos en efectivo ou na tarxeta de crédito.
Non será aplicable o cambio dos bonos para as compras en liña.
|
Máis información |
Na web: www.bonodeporte.gal
DOG 233 do 11/12/2023 – Orden do 5 Decembro do 2023
|