Skip to Content

APÚNTATE Á COMPOSTAXE!

 Participamos nun programa chamado REVITALIZA, que consiste en coñecer o mundo da compostaxe.
*En infantil contáronnos o conto OS BICHOCOS E O COMPOST. A través da pandilla dos Bichocos aprendimos como é o proceso da compostaxe por medio dunha escola moi particular: A COMPOSTECA.
En 1º e 2º de primaria xogamos a un xogo moi curioso: O XOGO DA MIÑOCA. Foi unha actividade na que apendimos  conceptos básicos da compostaxe.
O resto dos cursos de primaria participamos nunha charla denominada  QUEN VIVE AÍ? Na que profundizamos máis neste mundo de aproveitamento dos restos de comida e demáis.
E xa o último día participou todo o cole na POSTA EN MARCHA DO COMPOSTEIRO, onde, ademáis de amosarnos como se monta un composteiro, déronnos instruccións para saber que se pode botar e que non,  o seu mantemento, coidados básicos…
 
PARA SABER MÁIS, FÍXATE NAS REDACCIÓNS DOS ALUMNOS DE 5º . PREME AQUI

AGORA SO NOS QUEDA FACER UN BO COMPOST PARA O NOSO HORTO!!



page | by Dr. Radut