“Que actividade se realizaba na prehistoria que se convertiu nunha actividade deportiva?” Comezan investigando os alumnos de 6º a partir da pregunta anterior e chegan a conclusión de que pode ser o TIRO CON ARCO. Trátase dun deporte no que están involucrados todos os alumnos do Colexio e todas as etapas históricas, dende a Prehistoria (traballada en E. Infantil) ata a Idade Comtemporánea (alumnos de 6º). Coa información elaborada polos alumnos de 6º na clase de E. F. e a aportación de diferentes arcos polas familias dos alumnos lévase a cabo unha exposición.Todo queda recollido no seguinte vídeo.
|
Compleméntase coa asistencia a unha charla impartida po Alfredo Amoedo do Club de Tiro con arco onde por grupos nos contou a orixe do arco, evolución das frechas, tipos de arco, tipos de dianas, posición de tiro..Os alumnos puideron manipular as frechas e mesmo simular o lanzamento dunha frecha. Formaronse 5 grupos:3/4 anos,1eiro ciclo, 2º ciclo, 3eiro ciclo, e 5 anos (grupo onde se traballa especialmente o tiro con arco polo seu interés pola prehistoria) ALUMNOS DE 5 ANOS ALUMNOS DE 3-4 ANOS ALUMNOS DE PRIMARIA |
Unha vez rematada a xornada os alumnos dispuxeron dun papel continuo onde podían pintar o arco que quixeran, ao ir para o recreo, para clase de EF, ou ao sair.
|