Quedamos para xogar?. A pasada semana 28 de Maio, quedamos para xogar cos nosos compañeiros do Proxecto eTwining “Clapping games”. Xa descubriramos que entre os nosos países coincidimos nalgúns xogos , pero esta vez puxémolos en práctica. Temos xogos coa mesma letra e movomentos diferentes coma “Picachu” , xogos cos movementos iguais e diferente letra coma “Toma- tomate”, xogos iguais en letra e movementos coma “Choco, choco, la, la” . Unha experiencia que tardaremos en esquecer!!! |