Participación do alumnado de 5° e 6° no Proxecto Back to School. Consiste en ofrecer unha visión global da Unión Europea, as súas funcións e institucións. Foi impartido por unha funcionaria do Tribunal de Contas. Dámoslle as grazas a María Domínguez por ensinarnos diversos aspectos relacionados coa UE. Na charla o alumnado participou tanto facendo preguntas coma contestando diferentes preguntas. |