O servizo de Comedor do CEIP PLURILINGÜE PORTO CABEIRO, está financiado e organizado pola ANPA do Centro baixo a modalidade de catering e supervisado polo Consello Escolar. A capacidade máxima do mesmo é de 50 comensais. - O servizo está dispoñible para Socios da Anpa. - O servizo deu comezo o 12 de setembro. - Horario de 14:00 a 16:00 horas - Durante o curso a persoa de contacto tanto para pedir, como para anular un menú , será Andrea (Calidus). Será preciso avisala ao nº de teléfono 620 090 930 antes das 8:45 da mañá do día propio. Fin de semana aviso a Anpa.
|