Que riquiños estes de DISCAMIÑO!! Déronnos unha boa lección de vida. DISCAMIÑO é un proxecto que naceu para dar a persoas con diversidade funcional a posibilidade de cumprir o seu soño de facer o camiño de Santiago en bici. Viñeron ao noso cole Javier, o presidente, Luís, voluntario, Gerardo, mozo con diversidade funcional (xordocego) e Ana, tamén persoa con diversidade funcional (parálise cerebral). Javier contounos todo o que fan e levan facendo, e Gerardo e Ana tamén nos explicaron a súa experiencia. Uns craks que fixeron xa o camiño en bicis adaptadas unhas cantas veces...Mágoa que non puideron vir Mónica nin Fani, pero vimos uns videos coas súas experiencias. Quedámonos con moitas cousas boas, e sobre todo: - Non esquecer aproveitar as nosas posibilidades e loitar polos nosos soños. - Facer un oco nas nosas axendas para poder colaborar con proxectos como este. Tamén lembramos que teñen calendarios á venta como forma de colaboración.
Seguindo coa traxectoria que temos xa dende hai algúns anos de conseguir que o noso colexio sexa un Centro Activo e Saudable, comezamos este curso dentro do Proxecto de Vida Activa e Saudable de Centro, cos alumnos de 6º percorrendo unha milla diaria. No remate deste trimestre e seguindo nesta liña avanzamos incluíndo o Colexio na iniciativa “Suma Kilómetros de Saúde” , para elo propoñemos que os vosos fillos/as participen facendo algunha/s das propostas do Calendario nos envía o DES
Cada actividade vale 1 ou 2 km. Trátase de sumar os km que facemos entre todo o alumnado. Para poder facer esta suma é preciso enviar ao correo xogos@portocabeiro.com ou á aula virtual, ou traer nun pendrive a imaxe/s, audio ou texto que nos permita facer o reconto. CADRO DE CONTROL.Preme aquí