Que riquiños estes de DISCAMIÑO!! Déronnos unha boa lección de vida. DISCAMIÑO é un proxecto que naceu para dar a persoas con diversidade funcional a posibilidade de cumprir o seu soño de facer o camiño de Santiago en bici. Viñeron ao noso cole Javier, o presidente, Luís, voluntario, Gerardo, mozo con diversidade funcional (xordocego) e Ana, tamén persoa con diversidade funcional (parálise cerebral). Javier contounos todo o que fan e levan facendo, e Gerardo e Ana tamén nos explicaron a súa experiencia. Uns craks que fixeron xa o camiño en bicis adaptadas unhas cantas veces...Mágoa que non puideron vir Mónica nin Fani, pero vimos uns videos coas súas experiencias. Quedámonos con moitas cousas boas, e sobre todo: - Non esquecer aproveitar as nosas posibilidades e loitar polos nosos soños. - Facer un oco nas nosas axendas para poder colaborar con proxectos como este. Tamén lembramos que teñen calendarios á venta como forma de colaboración.
2 de Abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 Hoxe desexamos 'Unha feliz viaxe pola vida», con este 'Nun mar azul' que se inclúe no disco de Maria Fumaça 'As que mais molan'No colexio o visibilizamos con este mural
Os alumnos de 5º traballaron a alimentación saudable nun obradoiro organizado por Froitas NievesPreme na imaxeXOGA COA NOSA CANCIÓN DA FROITA "VITAMÍNATE"