Comezamos no tempo de Magosto cunha xuntanza entre os alumnos 3 anos e os de 6º curso de Primaria .Os alumnos de 6º construiron un agasallo para darllo aos máis pequenos.Preme aquí , para descubrilo e construilo.PREME NA IMAXE
No ximnasio practicamos os xogos para o día da celebración: A rá. o pano, quen apanda?..., os castelos, os globos xaponeses e o croquet.Para saber máis sobre o croquet preme aquí
POLO SAMAIN CHEGARON AO XIMNASIO UNHAS PANTASMAS XOGUETONASOs alumnos de 4 e 5 anos construiron pantasmas que ao lanzalas ao ar daban volteretas , canto máis alto chegaban máis divertidas, así que os alumnos de primeiro e terceiro tamén as quixeron construir.
PASOS PARA CONSTRUIR UNHA PANTASMAFai unha bola de papel, colócaa no medio dun cadrado de plástico. Cando o teñas ata cun lazo para darlle forma da cabeza.Pínta cun rotulador permanente a súa cara, de medo, alegre... E A XOGAR!
Os días 20 e 21 de xuño celebrouse en Vigo a primeira festa de XADREZ. Comezou coa participación de nenos de seis a dezaseis anos pertencentes a 120 colexios da comarca
DO NOSO COLEXIO ANIMÁRONSE A PARTICIPAR OS ALUMNOS...