APÚNTATE A ESTE PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL |
No mes de decembro continuamos cos ECO-RETOS 25 de @voznatura . Nesta ocasión era a quenda do #retoreutilizamos , polo que decidimos darlle nova vida a obxectos e materiais que atopamos polo noso cole, e outros que nos proporcionaron tanto o alumnado como outros membros da comunidade educativa. En primeiro lugar, reutilizamos os restos de podas que se realizaron no noso centro para realizar os adornos de Nadal e, así, evitamos usar elementos de plástico. Por outra banda, comezamos a facer provisión de materiais que empregamos e empregaremos para fabricar as ferramentas, bancáis, regadeiras... do noso horto.
|