COMEDOR ESCOLAR
O servizo de Comedor do CEIP de Porto Cabeiro está financiado e organizado pola ANPA do Centro baixo a modalidade de catering e está supervisado polo Consello Escolar do Colexio. A capacidade máxima do mesmo é de 50 comensais.
A empresa de catering contratada neste curso é CALIDUS e o prezo do menú é de 4,57 €/ día.
O servizo de comedor escolar está atendido por unha coidadora, puidendo ser dúas no caso de que aumenten o número de comensais. O seguro contratado pola ANPA é coa compañía CASER SEGUROS.
O alumnado que fai uso deste servizo, desglosado por días, é o que se detalla a continuación(este listado é orientativo e verase modificado ao longo do curso):
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
14
|
16
|
15
|
12
|
18
|
- 3 Infantil
- 11 Primaria
|
- 4 Infantil
- 12 Primaria
|
- 4 Infantil
- 11 Primaria
|
- 4 Infantil
- 8 Primaria
|
- 5 Infantil
- 13 Primaria
|
*O alumnado con alerxias e intolerancias alimentarias é o seguinte: 1 alumna é intolerante ao glute, á lactosa, ao marisco e ás especias.
O seguro de responsabilidade civil e accidentes é a cargo da empresa CALIDUS.
A compañía aseguradora é Allianz.
|