INFORMACIÓN COMEZO DE CURSO
Estimadas familias,
Estamos a piques de comezar un novo curso con moita ilusión e o máis importante, volvendo á normalidade.
O horario do centro é de 9.00 A 14.00
Información sobre entradas e saídas no centro:
ALUMNADO TRANSPORTADO:
- A chegada ao centro escolar está prevista para as 08.55 h, polo que o inicio das rutas atrasarase con respescto aos anos anteriores:
• Saída ruta Santo Estebo as 08.45 Bar Consejo. • Saída liña Vilar as 08.40 Campo de fútbol.
-A saída do alumnado transportado está prevista para as 13.55 h.
*Debido as cambios pregamos que os primeiros días as familias estedes un pouco antes nas paradas. Así memo solicitamos a vosa comprensión nas posibles incidencias que poida subrir o transporte no acomodo aos novos horarios.
ALUMNADO NON TRASPORTADO:
- ENTRADA: O portal de entrada abrirase as 08.55. O alumnado, conforme vaia chegando ao centro entrará pola porta do edificio principal dirixíndose directamente a súa aula, sen facer filas. As familias poden acompañar ao alumnado ata a porta, pero evitarán entrar, salvo que teñan cita previa. O alumnado de EI entrará do mesmo xeito, sen filas e segundo vaian chegando pola pola porta lateral pequeña que está diante do horto de Educación Infantil.
-SAÍDA: todo o alumnado non transportado sairá as 14.00 h. O alumnado de EI o fará pola mesma porta pola que entran, mentres que o de EP o fará pola porta principal.
ALUMNADO DE COMEDOR:
- O alumnado de comedor será recollido pola responsable do servizo dentro do mesmo centro e acompañado ata as instalación do mesmo as 14.00 h.
|