CCP
Comisión de Coordinación Pedagóxica
C C P - Comisión de Coordinación Pedagóxica.
A CCP (comisión de coordinación pedagóxica,) estará integrada polo director, o Xefe de Estudos; os Coordinadores de Ciclo, o de Normalización da Lingua Galega, o coordinador do Equipo da Biblioteca, e os o profesores do Equipo de Orientación.
Aínda que non todo o claustro forma parte dela, está aberta á asistencia de quen queira.
As funcións principais desta comisión son:
- Facer propostas ó claustro co fin de establecer os criterios para a elaboración dos proxectos curriculares e velar para que se realice conforme os criterios establecidos polo claustro.
- Asegurar a coherencia entre o Proxecto Educativo do Centro, os proxectos curriculares de etapa e a programación xeral anual.
- Establecer as directrices xerais para a elaboración das programacións didácticas dos equipos de ciclo e do plan de acción titorial, así como das adaptacións curriculares incluídas no proxecto curricular.
- Velar polo cumprimento e posterior avaliación dos proxectos curriculares de etapa.