PREVISIÓN DE VACANTES ESCOLARES
Educación Infantil:
4º Ed. Infantil (3 anos) - 20 ....... 3 (prazas NEAE)
5º Ed. Infantil (4 anos) - 0
6º Ed. Infantil (5 anos) - 0
Educación Primaria:
1º Educación primaria - 0
2º Educación primaria - 0
3º Educación primaria - 0
4º Educación primaria - 12
5º Educación primaria - 1
6º Educación primaria - 7
CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN:
Do 1 ao 20 de marzo: prazo de presentación de solicitudes.
Do 21 ao 5 de abril: presentación de documentación xustificativa.
Antes do 25 de abril: listaxes provisionais.
Antes do 15 de maio: listaxes definitivas.
Do 20 ao 30 de xuño: formalización de matrícula.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Manual para as familias: DescargarFicheiro.do (xunta.gal)
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Horario de secretaria para presentar a documentación:
- Luns e martes de 09:00h a 09:50h.
- De mércores a venres de 13:10h a 14:00h.
- Martes pola tarde de 16:00h a 17:00h.