CONVOCATORIA AXUDAS ANEAE 23/24

Hoxe publicouse no BOE a Resolución pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 8 de maio de 2023 ata o 20 de setembro de 2023, ambos incluidos.

As solicitudes poderán cubrirse desde a Sede Electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Na Resolución está indicado:

  • Tipo de axudas a percibir.
  • Alumnado destinatario.
  • Compoñentes das axudas nas distintas etapas.

Lembrade que as familias interesadas podedes solicitar cita co Departamento de Orientación do centro para resolver calquera dúbida con respecto á tramitación das becas, documentación precisa ou calquera outra circunstancia relacionada.