|
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024PREVISIÓN DE VACANTES ESCOLARES Educación Infantil: 4º Ed. Infantil (3 anos) - 22 ....... 3 (prazas NEAE) 5º Ed. Infantil (4 anos) - 1 6º Ed. Infantil (5 anos) - 3
Educación Primaria: 1º Educación primaria - 0 2º Educación primaria - 0 3º Educación primaria - 0 4º Educación primaria - 0 5º Educación primaria - 19 6º Educación primaria - 20
CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN: Do 1 ao 20 de marzo: prazo de presentación de solicitudes. Do 21 ao 27 de marzo: presentación de documentación xustificativa. Antes do 25 de abril: listaxes provisionais. Antes do 15 de maio: listaxes definitivas. Do 20 ao 30 de xuño: formalización de matrícula.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes (ED550A e ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
|
|