|
Antroido 2009
Este ano o tema foi: "CONTOS INFANTÍS". Cada grupo elixiu un conto para traballar sobre el.
O traballo consistía en elixir o conto e facer actividades lectivas, artísticas e lúdicofestivas relacionados co tema elixido:.
En canto a lectivas: realizar a lectura diaria, textos, dictados etc... e na parte artística dar renda solta á creatividade, aos comentarios, á crítica... Aproveitaríase tamén para recompilar material audiovisual sobre o tema elixido, farianse audicións e proxeccións sobre o tema. Traballaríase no desenvolvemento plástico e creativo facendo debuxos, carteis, carautas, o mesmo disfraz.... No tema artístico-musical inventando unha canción e preparando unha pequena coreografía e, por último, a "GALA" , o momento no que van facer a súa actuación. Logo da gala a "festa gastronómica", un momento que contrasta co resto da mañá, o momento en que todos están máis quedos e calados, o momento da merenda, das lambetadas... Os disfraces foron todos moi lucidos, con moita cor e vistosidade , para ser feitos en tan pouco tempo. Todos fixeron a súa actuación cantando e bailando, houbo ata unha actuación circense que foi unha unha sorpresa dentro do festival. O mellor... A ilusión dos rapaces e rapazas, o traballo aportado, a colaboración cara a acadar un obxectivo común ... Se dentro duns cantos anos cada un fai unha pequena lembranza deste día... obxectivo conseguido. O peor... o de sempre, o sonido. O pavillón ten unhas condicións acústicas nada axeitadas para eventos deste tipo, iso fai que os espectadores non perciban o que se está a facer ou dicir e se poñan a falar, polo que o que se está a escoitar e agora máis inaudible e desluce todo o traballo... Ver galerías de fotos: |
|