|
Semana da literatura tradiccional oral 01/11/2014
05/11/2014
A maioría destas composicións son anónimas, non teñen outro dono que non sexa o conxunto dunha comunidade, e os temas que tocan van en relación directa cos costumes e xeitos de cada lugar. En ocasións estes elementos son propios dunha zona concreta, nacen e perduran nel, pero outras veces son importados doutros lugares, polo que non é de estrañar a similitud á hora de comparar algunhas das formas que integran a tradición oral entre uns sitios e outros. Nesta semana preténdes fomentar o interese polas manifestacións de tradición oral, valorar a cultura popular como patrimonio da humanidade, potenciar os programas de bibliotecas escolares elaborando material curricular a partir da recolleita da tradición oral aínda viva da contorna, trasladar ao ámbito escolar e familiar este interese e valorar outras culturas a través das súas manifestacións populares. |
|