Tags:

Este ano o Meco decidiu ir de viaxe arredor do mundo, parece que aínda non está informado das restriccións pola COVID 19. Seica escoitou falar dun tal Willy Fog que está de viaxe coas nenas e nenos de infantil e quere acompañalos. Están dando a volta ao mundo coa axuda do alumnado de 6º de Primaria, pois son moi bos guías turísticos e envíanlles vídeos sobre cada cidade que visitan.

O Meco propónnos acompañalo nesta longa viaxe, pero para iso...debemos vestirnos como bos turistas! A continuación tedes os mandatos que seguiremos dende o luns 8 ao venres 12.

Recordade que é acumulativo, é dicir, cada día traeremos o novo accesorio xunto cos dos días anteriores.

 

 A PESARES DO COVID 19 E DOS CONFINAMENTOS, OU XUSTAMENTE POR ISO, AS NENAS E NENOS DE E. INFANTIL ESTÁN DE VIAXE.

E DEBE SER QUE NON SE DABAN POSTO DE ACORDO NO DESTINO, QUE DECIDIRON DAR UNHA VOLTA AO MUNDO COA PERSONAXE DA NOVELA DE JULES VERNE, PHILEAS FOGG. BUENO, MAIS BEN COA SÚA VERSIÓN ANIMADA: WILLY FOG.

DEBERAN COMPLETAR A SÚA VIAXE EN 80 DÍAS, PERO PENSO QUE XA LEVAN MÁIS TEMPO E AINDA ESTÁN COMEZANDO, PORQUE ISO DE VIAXAR TAN ÁS PRESAS NON LLES DEBE PARECER MOI BOA IDEA.

OS SEUS COMPAÑEIROS/AS DE 6º DE PRIMARIA, XA QUE NON PODEN XUNTARSE CON ELES E CONTARLLES COUSAS DOS PAÍSES QUE VAN VISITANDO, DECIDIRON ENVIARLLES VIDEOS DAS SÚAS VISITAS A ESES PAÍSES (AINDA QUE NO COLE NON TEMOS CONSTANCIA DE AUSENCIAS PROLONGADAS AO CENTRO POR PARTE DESTE ALUMNADO- DEBEN FACER VIAXES EXPRES POLAS TARDES)

MIRADE QUE VÍDEOS MÁIS CHULOS...E QUE GAÑAS DE VIAXAR!!!

 

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL DESÉXANVOS BO NADAL!Beso

 

 

Tags:

O Apalpador, carboeiro que vive nas montañas do Courel, baixa das montañas cada 24 de decembro para deixarlle ás nenas e nenos de Galicia castañas e algún regalo.

Ademais, cada Nadal fainos unha visita ao colexio pero este ano debido á COVID-19 non poderá vir... O Apalpador sabe que vos estades portando xenial e que sodes moi valentes e por iso nos trouxo un  buzón para que lle fagamos chegar as vosas cartas. Animádevos a traelas antes do vindeiro luns 21!

E para que coñezades un pouquiño máis sobre o Apalpador aquí tedes estes vídeos:

 

BO NADAL!!!Sorriso

 

 

Os nenos e nenas de infantil puxémonos creativos e fixemos este mural para celebrar o Día contra a violencia de xénero.

As mulleres das nosas vidas, todas diferentes pero igual de libres.

Esperamos que vos gusten!

Premede na imaxe para vela máis grande!

Tags:

Os nenos e nenas de Ponzos preparamos estes contos terroríficos polo Samaín, esperamos que vos gusten e que non pasedes moito medo! Canso

 

Este ano, por mor da situación sanitaria na que nos atopamos, as Letras Galegas adiáronse para o 30 de outubro. Os nenos e nenas de Ponzos celebrámolo preparando este vídeo sobre Ricardo Carballo Calero, o noso veciño e escritor ao que se lle dedica este día. 

 

Esperamos que vos guste.

 

Achégase en arquivo anexo a explicación para o uso da aula virtual do centro por parte do alumnado.

Tags:

Como final retardado do programa Voz Natura traballado no curso pasado, centrado na reciclaxe e no tratamento e redución de plásticos, os nenos e nenas de 5º e 6º de EP do Ceip Ponzos fomos á praia que dá nome ao noso centro(e á rúa na que se sitúa) para limpar, todo o que poidemos, os restos inorgánicos que trae o mar e que deixamos nas nosas visitas á praia. Logo chamáronnos de Radio Voz para facernos unha entrevista. Neste video tedes un resumo da actividade.

Distribuir contido