Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñemos que participedes na actividade "Apertas musicais" coa que dedicarlle cancións en galego aos compañeiros e compañeiras de Ponzos. En cada programa de Ponzos nas Ondas emitiremos unha dedicatoria e as demais cancións serán recollidas nunha lista de reprodución da nosa canle de Youtube. 

Anímate e participa!

Este é un programa especial de Ponzos nas Ondas, elaborado completamente polo alumnado de 6º de primaria, sobre a alimentación saudable a través dun percorrido histórico. Temos unhas convidadas especiais que nos axudarán a profundizar neste tema a través dunha charla-tertulia que gravamos levando a nosa radio á horta. Agardamos que vos guste.

Andaina partindo de Xubia, pola beira da ría ata Neda, paseo polo casco vello da Real Vila, e volta cruzando a ría polo paseo paralelo á vía do tren ata O Couto.

Adxúntase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2022/2023.

De 1º a 4º de EP debedes mercar o Activity Book de Inglés, xa que é un libro funxible, e non entra no banco de libros.

O día 14 de Xuño celebramos o Día Nacional das Linguas de Signos, no cole de Ponzos, fixemos este pequeno vídeo, agardamos que vos guste. 

Feliz Día das Linguas de signos!!!!!

 Este ano as Letras Galegas dedicáronselle a Xela Arias, poeta contemporánea da cal aprendemos moito estes días a través das diversas actividades que fixemos no centro.

Para comezar, as nenas e nenos de 6º de Primaria recolleron información a través dun xogo de pistas e con ela fixeron tres Kahoots adaptados a diversas idades. Animámosvos a que xoguedes en familia, canto coñecedes sobre Xela? Para xogar debedes entrar en:

 ·       Educación Infantil: https://create.kahoot.it/share/xela-arias-infantil/2f2c4404-3d7c-4e13-8aea-18f3f0110aa7

 ·       1º, 2º e 3º de Primaria: https://create.kahoot.it/share/xela-arias-primaria-i/03f09519-e566-4496-b082-c56863b23360

 ·       4º, 5º e 6º de Primaria: https://create.kahoot.it/share/xela-arias-primaria-ii/eac3ec6f-998c-424f-8e92-4e6ecade6904

 Ademais, recordámosvos que temos moitos Kahoots de autores doutros anos aos que podedes seguir xogando:

 https://create.kahoot.it/profiles/58898e0f-651c-4c4d-bba3-22546550667f

 Tamén limos os libros "Darío a Diario", "Non te amola" e "Os Bolechas. Xela Arias" a partir dos cales fixemos o seguinte mural:

Adxuntamos en arquivos anexos as instruccións para o uso da aplicación COLECHEF, referente á xestión dos servizos do comedor.

Hai dous arquivos: para usuarios actuais e para novos usuarios.

O pasado venres 7 celebramos a festa dos Maios cantando as nosas propias coplas. Aquí vos deixamos un vídeo que esperamos que vos guste Risa

 

Tags:

O 24 de febreiro celebramos o 183 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poetisa máis importante de Galicia.

E para festexalo, todos os nenos e nenas do centro participamos na realización deste mural. Tamén traballamos a autora na aula realizando caretas, recitando poemas, buscando a súa biografía, xogando a un Escape Room virtual sobre Rosalía, etc.

 

 

Tags:

Este ano o Entroido non foi nada normal pero celebrámolo igualmente!

Aquí tedes un vídeo:

Entroido no Ponzos

Distribuir contido