Saltar navegación.

SOBRE RODAS

Xa temos aquí o video coas vosas andanzas rodantes!
Moitas grazas a todos/as os participantes.
Espero que vos guste.
A ver quen é capaz de recoñecer a todos e todas os rodadores...

PROPOSTA DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN

Ola familias!!
Hoxe continuamos con outra emoción básica: a TRISTEZA. Unha emoción esencial e necesaria para saber o que é a alegría.
Seguindo a estrutura anterior adxuntamos un documento explicativo cuns consellos para tratala, un listado de contos e...unha nova proposta: a creación dun BOTE DE BÁGOAS, a raíz do conto "Lágrimas bajo la cama".
Animádevos a facelo cos vosos fillos e fillas...quizáis lles axude a expresar e sobrelevar momentos e situacións tristes!
Saúdos

DÍA DO MEIDO AMBIENTE E DÍA DO OCÉANOS

Ola rapazas e rapaces,

o venres 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente e  dende Sogama recórdannos unha serie de boas prácticas que debemos levar a cabo para reducir o uso de plástico. Podedes velas aquí: http://www.sogama.gal/gl/campanha/desplastif%C3%ADcate-di-non-aos-pl%C3%A1sticos-de-usar-e-tirar

Ademais, o vindeiro luns 8 de xuño tamén se conmemora o Día dos Océanos para o que Sogama nos ofrece cinco pezas audiovisuais protagonizada pola Familia Trebón e orientadas ao mantemento dun mar limpo: http://www.cadernoverde.gal/merenda-marina/

Coa chegada do bo tempo son moitos os paseos que damos pola praia e o monte e dende o CEIP de Ponzos animámosvos a que coidedes estes espazos non tirando lixo e recollendo aquel que encontredes ciscado. 

E lembrade: as mascarillas van ao contedor de restos, de cor verde. 

Entre todos e todas podemos facer un mundo mellor!Guiño

DISTINTA

Aquí tedes un novo conto de Laura e Natalia. Vai sobre unha nena distinta....

Moitos nenos e nenas....e maiores distintos precisamos.

PROPOSTA DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN

Ola familias!!
Que tal van eses atrapasoños? Xa recibimos algún e quedou moi bonito!!! Así que ánimo ós demais para facer o voso.

Hoxe continuamos traballando as emocións e tócalle ó turno á ira ou o enfado. Podedes pensar que é unha emoción non desexable, sen embargo o non desexable é unha reacción incontrolada. Para iso adxuntamos un documento explicativo, uns contos para traballalo e tamén vos falamos da Técnica da tartaruga, unha técnica de control da conduta impulsiva que vos pode axudar para practicar cos vosos nenos e nenas.
E como motivación para elo propoñémosvos crear unha tartaruga con material de reciclaxe. Se o preferides tamén podedes practicar a postura de ioga...

Esperamos as vosas creacións!!! Recordamos o correo: fanycedeira84@edu.xunta.gal
Saúdos!

DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN. EDUCACIÓN EMOCIONAL: O MEDO

Dende o Departamento de orientación de Ponzos seguimos traballando a educación emocional.
Hoxe comezamos cunha das princpais emocións: o MEDO. Para abordalo adxuntamos un documento explicativo sobre esta emoción e pautas para afrontala. Tamén vos recomendamos un listado e contos no que se trata o medo así como unha proposta creativa: un atrapasoños. Coñecédelos? Animádesvos a facer un?
Gustáríanos que nos mandásedes algunha foto dos vosos atrapasoños...podédesma mandar ao meu correo: fanycedeira84@edu.xunta.gal
Con todos eles faremos unhacomposición final!!
Saúdos!!

PROPOSTAS DEP. ORIENTACIÓN SOBRE EDUCACIÓN EMOCIONAL

Ola familias!!
A identificación, comprensión e control das emocións é un aspecto de suma importancia para o desenvolvemento xeral dos vosos fillos e fillas, máis se cadra, nesta etapa que estamos a vivir. Por iso, vos achegamos o documento "Escuela de emociones" no que se tratan as emocións básicas como o medo, o amor, a ledicia ou a tristeza. Tamén vos deixamos outro con varios contos interesantes para traballalas a través da lectura (algún moi coñecido e xa traballado nas aulas), unhas curtametraxes relacionadas, así como un xogo da oca emocional para que vos divirtades en familia.
Saúdos,
Departamento de orientación

SALVAJE

Aqui tedes un novo conto co apoio de LSE e pictogramas.

A ver se vos gusta!

ACTIVIDADES RICARDO CARVALHO CALERO

Achéganse enlaces de creacións de compañeir@s doutros centros para traballar sobre Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado polas Letras Galegas 2020:


https://view.genial.ly/5eb980e444b29c0d09298472/horizontal-infographic-timeline-genially-sin-titulo

https://view.genial.ly/5eb993f5b618f00d9953d30e/presentation-letras-galegas2020 

Distribuir contido