Achégase en arquivo anexo a explicación para o uso da aula virtual do centro por parte do alumnado.

Tags:

Como final retardado do programa Voz Natura traballado no curso pasado, centrado na reciclaxe e no tratamento e redución de plásticos, os nenos e nenas de 5º e 6º de EP do Ceip Ponzos fomos á praia que dá nome ao noso centro(e á rúa na que se sitúa) para limpar, todo o que poidemos, os restos inorgánicos que trae o mar e que deixamos nas nosas visitas á praia. Logo chamáronnos de Radio Voz para facernos unha entrevista. Neste video tedes un resumo da actividade.

Achéganse instruccións para a descarga e uso das aplicacións Webex e Abalarmóbil en arquivos anexos:

Este curso tan peculiar chegou ao seu fin e os nenos/as e profes queremos despedirnos con este vídeo! Vémonos en setembro coas pilas recargadas, pasade moi bo verán Guay

 

Tags:

Achégase enlace ao vídeo sobre as emocións realizado polo Departamento de Orientación e o alumnado do CEIP de Ponzos:

 

O día 14 de xuño conmemórase o Día nacional das linguas de signos. Dende o cole de Ponzos, preparamos este pequeno vídeo para dar visibilidade a esta fermosa lingua. Esperamos que vos guste.

Tags:

Saúdos familias
Hoxe remata o tour das emocións e que mellor emoción para despedirse que a do AMOR, unha emoción agradable e moi, moi necesaria.
TRas uns consellos para regalar amor na vosa familia e un listado de contos, propoñémosvos que regaledes palabras de amor: a vosoutros mesmos e ós demais. Porque non hai amor se non se demostra...
Animádevos a facer este agasallo e mandar as fotos ó correo fanycedeira84@edu.xunta.gal. Moi pronto poderedes ver tódalas creacións recibidas.
Boa fin de semana!

Tags:

Ola familias!!
Xa queda pouco para rematar o curso...e tamén para rematar coa viaxe polas emocións básicas.
Hoxe falámosvos da FELICIDADE, unha emoción agradable que, como todas, debemos saber xestionar.
Como sempre, adxuntamos unha explicación e consellos sobre ela, un listado de contos e unha proposta: a escaleira da felicidade. Adxuntamos tamén unha plantilla por se a queredes empregar pero tamén podedes facer a vosa propia. Animádevos e mandade as fotos ó correo: fanycedeira84@edu.xunta.gal
Saúdos

Xa temos aquí o video coas vosas andanzas rodantes!
Moitas grazas a todos/as os participantes.
Espero que vos guste.
A ver quen é capaz de recoñecer a todos e todas os rodadores...

Tags:

Achégase enlace do vídeo co material feito polo alumnado de 1º:

https://www.youtube.com/watch?v=jexW_46IBfw&feature=youtu.be

 

Distribuir contido