Skip to Content

RECUNCHO DE XIANA

 

SEMANA   DO  LIBRO

 

 Ola  lector@s!!!

 

“ En   abril, libros  mil “

 

Estamos  en  abril, é  o mes  dos libros, o martes  23  de  abril, celébrase o Día  Mundial do Libro…Que   podemos  facer?

 

Amigos  lector@s, dende  o meu recuncho  da  biblioteca  propoño:

 

·      

20 minutos   de  lectura  diaria:  libros, revistas, comic, sornáis…( podemos  traer   da  casa  o que vaiamos  a  ler).

·      

Búscanse  padriños  e madriñas  lector@s. Os   padriños  e madriñas  leranlle  aos  seus  afillados/as.

 

 A  lectura  é  para  DISFRUTAR,  VIVIR, SENTIR… Cando leas  na   clase… ten en conta:

1.     

Si  eu leo…  TODOS  E  TODAS   LEMOS.

2.     

Si  eu leo… non  fago preguntas  nin comentarios, nin molesto aos  meus  compañeiros.

3.     

Si  eu leo…  quero  disfrutar   coa  lectura. Non fago  ruídos molestos.

4.     

Si  eu leo… non  interrumpo para  ir  ao  baño.

5.     

Si  eu  leo… respecto  as  lecturas  dos  demáis.

 

 

FELICES  LECTURAS!!!

 

CANTO   NOS DIVERTIMOS COS NOSOS  APADRIÑAMENTOS!!!



 

 

 

SEMANA  DA POESÍA


Ola  lector@s!!

Xa  estou  aquí  de novo e, agora  vou  a propoñervos  actividades que  nos  axuden  a coñecer  a poesía, a querela tamén, por que non, a ser un pouquiño poetas.

E, para   comenzar, que  tal si...

Son  a gata  Xiana

de poesía  vou falar

e, nesta semana,

poñémonos  a rimar.

Co P  de primavera

escribimos... pantera.

Co V  de verán

diremos ... un refrán.

Co  O  de outono

durmiremos... un  sono.

Co  I  de inverno

pechamos  o caderno.

 

E  coas  estacións:

Poemas  a montóns! 

 

 

24  De febreiro  Día   De  Rosalía

 

O vindeiro  día  24  de  febreiro  celebramos  o  día  de  Rosalía. E… por que?  Preguntarán  algúns. Porque  Rosalia  de  Castro  naceu  un  24  de  febreiro de  1837.

Ademais  xa  van  150  anos  da  publicación  de  Cantares  Gallegos.

 

Dende  a  Biblioteca   os nenos  e nenas  reciben  un  agasallo  dun  marcador   de  lectura para  conmemorar  este  día.




page | by Dr. Radut