RECOMENDÁMOSCHE
QUE PENSAS FACER ESTE VERÁN?
NADAR, XOGAR, DURMIR, COMER…
E … NON PENSAS LER?
COMPARTE O TEU VERÁN CON:
LEMBRA: NAS BIBLIOTECAS E NAS LIBRARÍAS SEGURO QUE TEÑEN UN LIBRO PARA TIIIII.
FELICES LECTURAS!!!
Este curso 2012-13 Xiana, quere facer unhas suxestións aos pais e nais para que fomenten o gusto pola lectura nos seus fillos e fillas.
· A familia debe animar a ler antes de saber ler( os libros sen texto tamén se len)
· A familia conta contos, recita poesías, rimas, adiviñas…
· A familia dá exemplo lendo revistas, libros, xornáis..
· A familia acompaña aos seus fillos e fillas ás librerias, bibliotecas, obras de teatro, exposicións…
· A familia comenta as lecturas cos seus fillos e fillas.
· A familia sabe que un libro tamén se pode regalar ( aniversario, Día de Reis, Día do Libro…)
Xiana lembranos a todos e a todas que
o importante é ler:
LER PARA SABER
LER PARA SOÑAR
LER PARA PASALO BEN
LER PARA RIR
LER PARA…