Skip to Content

Fotomagosto_2017

Di "caaaaastaaaañaaaas"... e así foi como o alumnado do centro fixo unha homenaxe ao produto estrela do outonal Magosto.  Ollade, cada curso pensou un traxe de gala e as nenas e nenos encheron as castañas de sorrisos e ganas de facer do Magosto unha data inesquecible. O resultado está á vista no noso FOTOMAGOSTO. Ollade a imaxe que aparece máis abaixo. Dá envexa velas!!!!!!

O día especial chegou o venres 10 de novembro: fomos ao pavillón para, por equipos, facer unha rolda de xogos populares: “tres castañas en raia”, “transporte de castañas”, “tira da corda”, “circuito de castañas”…  Para rematar, repuxemos forzas coa tradicional merenda de castañas e zume. Algunhas castañas resistíanse pero o importante era compartir conversas, xogos e baile coas compañeiras e compañeiros da escola.  Se premes na imaxe do FOTOMAGOSTO, poderás lembrar ese día. 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut