Skip to Content

Samaín 2013

XA ESTAMOS EN NOVEMBRO!!

O pasado 30 de outubro,todos os nenos e nenas celebraron o Samaín. Aínda que xa estiveron traballando dende o luns para poder celebrar esta festa de despedida do verán.

Decoraron os corredores e as aulas, fixeron cabazas moi graciosas na casa e coa axudas das familias recolleron información sobre o Samaín e as distintas formas de celebralo.

Con toda esta información foise construíndo un libro do Samaín onde se poden atopar moitas curiosidades e lendas divertidas.


De todos xeitos, se queredes coñecer máis tradicións do Samaín podedes consultar este libro que pronto estará na biblioteca do cole!

O mércores pola tarde, fixemos na aula de psicomotricidade unha sesión de “Contacontos do Samaín” onde algúns alumnos/as lles contaron contos e lendas aos demais.Foi moi divertido!!
 

Presentación das fotos das cabazas feitas polas familias para este Samaín

 

Enlace para ver e descargar as fotos :

fotos cabazas

 

 

Resumo das lendas, costumes e tradicións aportadas polas familias relacionados co Samaín en Ponte do Porto

 



page | by Dr. Radut