Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 24/25

Apio ás familias

Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024, abrirase o prazo de presentación de solicitudes para o Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros e material escolar do curso 24/25.

 

As solicitudes poderanse entregar de xeito telemático (preferentemente) ou presencial.

 

No seguinte enlace, dispoñen de toda a infimación da convocatoria. 

Artigo 11. Documentación complementaria

 

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 

1º. Certificado ou volante de convivencia.

 

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

 

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

 

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

 

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

 

 



page | by Dr. Radut