Skip to Content

SOLICITUDE ADMISIÓN COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

Prezadas familias,

dende hoxe, e ata o vindeiro venres 7 de xullo poderán presentarse as solicitudes de comedor escolar para o curso 2023-2024 en horario de 10:00 a 13:00 no CEIP Plurilingüe A Pontenova.

Así mesmo, aquelas familias que non poidan tramitalas de xeito presencial, poderán enviar a solicitude ao seguinte enderezo electrónico ceip.pontenova@edu.xunta.gal co compromiso de entregar a documentación orixinal entre o 1 e o 8 de setembro.

Coa finalidade de orientar sobre o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor, incorpórase unha calculadora a través da seguinte páxina web https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp coa que a consellería facilita o cálculo en función da renda per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar.

Un saúdo

 

AnexoTamaño
SOLICITUDE ADMISIÓN COMEDOR.pdf249.46 KB


page | by Dr. Radut